O libro que da nacemento o cadro tratase dunha publicación nacida para un diario norteamericano. Só así pódese explicar o “volume” e pesadez. Non me gustou como novela supoño que si para publicación diaria e dirixida a uns lectores que percuraban algo áxil. Tamén penso que persegue algún obxectivo de “adoutrinamento”, pero a cuestión e que levoume o déseno do cadro.
Alongado, de lectura de dereita a esquerda.
Pasa da claridade dunha augada de cores vivos a escuridade da parte superior, un ceo negro. De fume. E unha sensación de sucidade.
A vista que o percorra de dereita a esquerda quédese coa negrura.
Sempre penso que os cadros non teñen porque perseguir agradar. Tamén hai películas de terror. Este cadro segue sendo de transición, pero unha parada de escuridade.
. ( rematado ) Venres, 13 de abril 2007
a pequena fotografía dunha revista semanal na que os fíos semellan unha estructura de rañaceos
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home